Debate
Lost in Ideas
Ante a proposta da elección sobre o tema libre a tratar nesta práctica, "La Parte Trasera", como grupo firmemente democrático, decidímonos a votar e posteriormente realizar a escolla do tema en cuestión. Non foi doado, xa que no grupo de whatsapp surxiu unha chuvia de ideas. Primeiramente Lucía Rouco, propuxo o apasionante, á vez que peligrosamente inminente quentamento global e cambio climático, pola embergadura de tal. Tamén destacou os resultados posibles das elección xerais españolas e a súa repercusión no desenvolvemento futuro da sociedade Ibérica. Yoo-Jin apuntou que o tema das eleccións estaba moi visto e non daría lugar á orixinalidade que precisabamos nesta proposta. Nese intre Catuxa, tomando a idea de Lucía, expuxo que poderiamos facer o traballo sobre como cada programa electoral afectaría ó sector da cultura, máis concretamente, ó do cine, poñendo o exemplo da declaración feita pola agrupación política VOX, sobre a exclusiva financiación ó cine patriótico. Ante esta proposta de Catuxa; Carla, Adriana, Yoo-Jin e Sara estiveron de acordo.
Tras varias horas de discusión, cando parecía que non chegarían a unha conclusión que favorecese a todas as partes, apareceu a profesora e recomendounos o tema que sería o definitivo. Os títulos de crédito e os seus deseñadores máis relevantes. Chegados a este punto, repartímonos os puntos fundamentais a tratar que subiremos próximamente.
Comentarios
Hai que revisar o apartado de tarefas. Resolveríamos algunhas cousiñas.