Diseñadores importantes de títulos de créditos. (3)



Dan Perri

Dan Perri é un dos grandes do diseño de créditos no cine que tivo o seu espendor, por decilo dalgunha forma, nos anos ’70-’80 (as súas creacións máis coñecidas son desas décadas). Algunhas das súas creacións máis famosas son obras de arte magníficas (e este é un factor indiscutible) que lle dan un certo carácter aos filmes que acompañan, é dicir, que sen os créditos de Perri igual non serían tan coñecidas ou tan ben valoradas. Dentro destas películas atopámonos coa taquilleira Star Wars co seu En una Galaxia muy muy lejana... estendéndose polo espacio, El Exorcista co escalofriante fondo en negro e as letras vermellas que dalgunha forma adiantan o que vai suceder, Taxi Driver, Pesadilla en Elm Street...

Resultado de imagen de dan perriUnha das características que define o traballo de Dan Perri é que cada creación é completamente á anterior. Esta capacidade súa de adaptarse ás características de cada película e de non crear ningún signo distintivo da súa obra dalle moito prestixio. Non ten un estilo marcado que se lle note en todas as súas creacións, e isto valórase moito.

 Esto en certa medida é un dos factores polos que ao ver un dos seus créditos poidamos recoñecer a qué película pertence sen problema, pero, salvo que poña nos mesmos Diseñador de créditos: Dan Perri, sexamos incapaces de nomear a quen os fixo. Esto quere dicir que o público se fixa moito máis no producto final que nos “aspectos técnicos”, e polo tanto un logro. Consíguese a inmersión completa na obra debido á súa xenialidade.
O americano sempre tivo unha certa predilección polo diseño gráfico, e incluso cando era un neno creou unha especie de negocio onde vendía carteis aos espablecementos. Unha vez rematado o instituto entrou por completo neste mundo, sendo contratado nunha axencia publicitaria como aprendiz de diseño artístico e posteriormente entrando nunha prestixiosa escola de arte.
Sin embargo, o que máis influenciou a súa carreira foi a presencia da figura de Saul Bass, a quen coñeceu cando tiña xa un pequeno estudio. O creador de créditos de películas como Vértigo de Hitchcock meteu de cheo a Perri no mundo do diseño de títulos, e a partir de ahí foi todo “rodado”. Quedara enamorado dese mundo novidoso para él.
Hoxe en día segue a traballar no cine e no mundo dos créditos e títulos, igual que é o autor dun libro que fala de toda a súa traxectoria como diseñador gráfico e do que supón a súa carreira.

Friz Freleng:
Traballou como animador, caricaturista, director e produtor. Formou parte de Warner Bros., durante 30 anos, e alí converteuse nunha lenda creando personaxes como Bugs Bunny, Porky Pig, El gato Silvestre. Entre os seus moitos recoñecementos conta con 4 premios Oscar, polo seu traballo en Speedy Gonzales e Piolín.Ó gran Friz encargáronlle deseñar os créditos para a película de 1963 e creou ó personaxe animado que todos coñecemos e que ó final fíxose máis famoso que a película en si.


Saul Brass


Saul Brass, un gran nome dentro do mundo do diseño gráfico, destacou nos seus 40 anos de carreira polo seu inxenio e simplicidade nas súas creacións, ao mesmo tempo que por “descubrir” o potencial dos títulos de crédito no conxunto de todo o filme.
Brass estudou diseño gráfico para dirixirse na súa carreira profesional hacia o mundo da publicidade. De feito, ao comezo da mesma, traballou como freelancer para numerosas e importantes compañías, entre elas Warner Bros, AT&T ou Kleenex (ás dúas últimas creoulles os logos que as representan ata hoxe en día). Tivo como profesor a György Kepes, aclamado profesional que introduciu ao alumno na estética modernista Bauhaus. Esta influencia verase en toda a súa obra.
Máis tarde, ao trasladarse a Los Ángeles nos anos 50, foise metendo pouco a pouco no mundo de Hollywood, onde diversos directores o contrataron para crear carteis promocionais. Porén, a proposta que lle fixo Otto Preminger de encargarse de realizar os títulos de crédito foi a que lle abriu as portas hacia un mundo que ata ese momento parecía “inamovible”.


O diseñador gráfico quixo cambiar a estaticidade dos créditos e darlles movemento cos seus diseños. Pretedía que tiveran outro sentido a parte do informativo, que dalgunha forma adiantaran a estética, tema e sensacións que ía producir o filme, pero antes sequera de que se proxectara na pantalla algo da trama. Para captar o ollo do espectador e introducilo aínda máis na historia Bass viu que a mellor estratexia era xuntar o ordinario co extraordinario, é dicir, presentar algo ordinario, que a audiencia coñecera ben, pero dunha forma extraordinaria.

Un dos exemplos máis recoñecibles, e o que deu a coñecer o seu traballo, é o da secuencia de títulos de crédito que creou para Preminger na súa película The Man with the Golden Arm ou O home do brazo de ouro (1955). O reto era presentar no diseño un tema taboo, como a adicción á heroína, sen que resultara rechazado polo público. Desta creación súa destaca a simplicidade que, sin embargo, retrata perfectamente a película no seu conxunto.
Outros dos seus traballos máis coñecidos son os que fixo para as películas de Hitchcock Psycho, Vertigo e North by norwest (Con la muerte en los talones), así como para os aclamados directores Stanley Kubrik, Billy Wilder e Martin Scorsese.
Un dos datos que non se suele mencionar ao falar do traballo de Bass é da importancia que tivo a súa muller nos seus diseños. Elaine Bass, diseñadora gráfica de profesión, traballou conxuntamente co seu marido en moitos dos seus proxectos, entre eles o corto Why man creates, polo cal recibiron un Oscar. Este mesmo pertence á época en que a parella deixou máis a un lado o diseño de títulos de crédito para dedicarse máis de cheo á produción de filmes.
Saul Bass influenciou enormemente a outros diseñadores gráficos, e deixou unha innegable marca no mundo da creación de títulos de crédito. Dan Perri foi un dos que viu nos traballos do veterano unha forte influencia.


Robert Brownjohn

En plena ebulición da cultura pop e outros movementos, Robert Brownjohn adicábase a crear títulos de crédito a xogo coa época. “Desde Rusia con amor”, a enésima película de James Bond, contou co bo facer de Robert. A súa secuencia gráfica ten como protagonistas á luz e ó corpo dunha muller, sobre o que se proxectaban os créditos. Un experimento que non deixou indiferente a ninguén. Aínda que a súa relación co cine non foi tan frutífera como a de outros deseñadores, quedou para a posteridade e influenciou a moitos outros co seu estilo.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Cómo se seleccionaron estes catro deseñadores? Onde están as datas de nacemento/falecemento coas que podemos sitúalos nun determinado momento? Os títulos das películas van en cursiva e co ano da súa estrea, tamén como un dato para situar deseñador e película nun determinado momento. Ó gran Friz encargáronlle deseñar os créditos para a película de 1963? Que película? Saul Bass que foi o que situou o deseño dos títulos de crédito no panorama gráfico, aquí aparecen logos de dúas empresas? Pero non estamos a falar de cinematografía?
Por que este apartado está en galeggo?

Entradas populares de este blog

O BOTE POLBEIRO DE BUEU: A DESAPARICIÓN DA PESCA TRADICIONAL

Confirmación de la Teoría de la Relatividad.

Bienvenida